A economía predominante en Samos é o sector primario con un 85% da poboación activa, moi por riba do sector secundario que soamente emprega un 4% da poboación activa. O sector terciario é o que actualmente está repuntando con mais forza.
Respeto ó sector primario a cría de gando vacún é a actividade dominante, o seu clima e a orografía son propicias. O gando vacún, destinado á producción de carne, maiormente, e o de leite duplican en número de cabezas ó de porcino. A cría de ovino e cabrún adoita aparecer en explotacións mixtas con bovinos. Polo tanto, as explotacións agrarias destinan a maior parte das suas terras ó cultivo de forraxe para a alimentación dos seus animais.
Hai unha gran producción de mazás, que se destinan á fabricación de sidra, ademais de castañas e noces, que desde fai bastantes anos se exportan ós mercados nacionais i europeos.
A silvicultura tamén ten o seu espazo no tecido económico do municipio; de feito hai algunha empresa que se adica á madeira, e a Comarca é coñecida polas numerosas fábricas de mobles.
A apicultura desenvolvese por algúns productores de xeito artesanal; anque se pode atopar algunha empresa con sobrado recoñecemento no municipio.
A industria é escasa; conta con canteiras de pizarra e mármol para terrazo, algunha industria madereira e unha piscifactoría de salmón atlántico en Lóuzara. Antigamente a industria textil, as ferrerías como as de Gundriz, Santalla e Lusio entre outras, e a artesanía tuvieron a sua relevancia. A cerámica tamén destacou principalmente na aldea de Lamartin, parroquia de Loureiro; ainda na actualidade se conserva algún forno. Nos fornos de Lamartin fabricouse a canalización que, no seu momento, foi destinada á conducción de agua sanitaria ó mosterio, da cal ainda se conserva algún tramo. Non olvidemos a construcción de apeiros de labranza tradicionais.
O crecemento do sector terciario na actualidade débese ós centros de atención sanitaria, banco, residencia de ancians, cooperativa, e servizos turísticos como aloxamentos, bares, restaurantes; debido estos últimos, á gran afluencia de peregrinos ó longo de todo o año e a que cada vez son mais as persoas que desexan pasar uns días.