Feiras e Festas
As feiras mais destacadas son:
Feira de produtos artesanais de Samos, o segundo domingo de agosto.
Conta con exposición de produtos artesáns, antigüidades tales como serras portuguesas ou serras manuais para cortar madeira, xugos etc., unha colección de enxoval de cerámica e potes de ferro recreando incluso unha cociña antiga. Permite coñecer, mediante pequenas recreacións, os oficios tradicionais como a talla de madeira, cantería, cestería,... e todo iso amenizado por música e bailes tradicionais.
Tambien conta con diversos postos nos que poder comprar produtos da zona e artesanía e mesmo un bar onde poder tomar algo ou comer algunha ración de polbo ou de churrasco.
Feira de artesanía de A Ponte de Lóuzara o 17 de agosto.
A feira está adicada ás tradicións perdidas, á artesanía, á gastronomía, ós produtos naturais autóctonos da comarca e a música, tanto tradicional como a outros estilos.
As festas son hoxe unha boa escusa para reunir a forasteiros e samoenses de dentro e fora, que se reencontran cos seus e recordan tempos pasados. O concello traballou para revitalizar estas festas nas que ademais do sentido relixioso tamén están moi presentes o folclore e a gastronomía, o cal da un carácter turístico ó evento.
Todas as parroquias manteñen algunha das súas festas, desta maneira resurxen as tradicións antigas para que as xeracións futuras non esquezan as súas orixes e o seu significado.
As festas mais destacadas son:
Festa de San Bieito, celébrase o segundo domingo de xullo.
Romaría de San Roque, o 16 de agosto en Santalla de Lóuzara.
Hai misa e unha merenda con baile ó lado do río Lóuzara. Para os mais atrevidos, a media tarde, celébrase a "Festa da Auga", consiste en tirarse ó río para axudar a combater a calor que adoita acompañar por estas datas.
Outras festas de carácter non relixioso son:
Entroido en Samos.
Magosto.
Esta información se pode atopar actualizada nas redes sociais do Concello de Samos:
Facebook: www.facebook.com/profile.php?id=100093954550959
Instagram: https://www.instagram.com/explore/locations/213762705666426/concello-de-samos/