O concello de Samos pertence á Comunidade Autónoma de Galicia, á provincia de Lugo e á comarca de Sarria.
Forma parte das estribacións das serras orientais de Galicia, limita ó Norte cos concellos de Sarria e Láncara, ó Sur os de Pobra de Brollón e Folgoso do Courel, polo Leste linda co concello de Triacastela, e polo Oeste co de O Incio.
Situado no sueste da provincia, atópase a 57 km da capital provincial, Lugo, e a 12 km da comarcal, Sarria; a unha altitude media de 700 metros (s.n.m.), sendo o seu punto máis alto a Serra de Oribio (1.443m.), e conta cunha extensión de 136'77 km2.
https://maps.app.goo.gl/PhepM5cipdyu6AKN8
Como chegar:
Por avión: Os aeroportos mais próximos son os de Santiago (140 Km), A Coruña (152 Km), León (171 Km), Vigo (173 Km) e Asturias (231 Km).
Por tren: As estacións mais próximas son a de Sarria a 12 Km e Monforte a 39 Km.
Por estrada: A autovía principal máis próxima é a A-6& que une Madrid - A Coruña. As saídas máis próximas son o Km. 431 en Pedrafita do Cebreiro, tomando dirección a Triacastela pola estrada provincial LU-633 ata chegar a Samos; e o Km. 488 en Nadela, tomando dirección a Sarria pola vía de altas prestacións e autovía nun dos seus tramos CG-2.2 que une Lugo - Monforte que une as cidades de Lugo e Monforte de Lemos, e continuar a Samos pola estrada provincial LU-633.
De luns a domingo hai un autobús que recorre os municipios do Camiño de Santiago dende Santiago de Compostela a Pedrafita do Cebreiro con parada na capital do municipio. De luns a venres hai outra liña que une Samos con Sarria unha vez o día.
Distancias
A Coruña: 150 Km.
Santiago: 152 Km.
Vigo: 179 Km.
Lugo: 57 Km.
Ourense: 86 Km.
Madrid: 463 Km.
Barcelona: 935 Km.
Irún: 583 Km.
Sevilla: 797 Km.
Oporto: 297 Km.
As distancias ás que se atopan os dous núcleos mais relevantes do municipio con respecto ó comezo e ó remate para quen realice o Camiño Francés son:
Dende Saint Jean de Pied de Port ata San Xil (Samos): 660 Km.
Dende Saint Jean de Pied de Port ata Samos: 653 Km.
Dende San Xil ata Santiago de Compostela: 126 Km.
Dende Samos ata Santiago de Compostela: 123 Km.